Axenda Local 21 – Redondela

A Axenda 21 é un plano de acción das Nacións Unidas para un desenvolvemento sustentábel no século XXI, aprobado por 173 gobernos na Conferencia sobre Medio Ambiente e Desenvolvemento que tivo lugar en Río de Xaneiro en 1992.

A Axenda Local 21 é un proceso a implantar e desenvolver polas Entidades Locais que se basea na integración das políticas ambientais, económicas e sociais do concello a través da elaboración e aplicación dun Plano de Acción Local.

Sumarse a esta iniciativa supón, xa que logo, o compromiso municipal de estimular o desenvolvemento de medidas encamiñadas a facer compatíbeis a conservación do medio co desenvolvemento social e económico do propio concello. Supón ademais facelo dun xeito estruturado e planificado o que implica Unha actuación transversal coa participación d totalidade das áreas da Administración Local.

A Axenda 21 Local é un proceso aberto e creativo que cada Concello define baseándose na súa realidade e nos seus condicionantes.

Documentación:

Fecha de última actualización de esta sección: Martes 2 de Abril de 2019
Fecha de última actualización del portal: Martes 2 de Abril de 2019