Plan de Emprego

Asesoramento a Emprendedor@s

QUE É?

É un servizo público e gratuíto de asesoramento e información, subvencionado en parte pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia. Pretende potenciar as iniciativas empresariais no Concello que orixinen novos postos de traballo.

QUE SERVIZOS OFRECE?

  • Detección de oportunidades de negocio e investigación das posibilidades de desenvolvemento económico do territorio.
  • Asesoramento e apoio para a creación de empresas:

– Análise da idea inicial e información.

– Apoio na elaboración do proxecto empresarial.

– Axuda na tramitación e constitución da empresa.

  • Información sobre axudas e liñas de financiamento para as persoas emprendedoras.
  • Información sobre axudas á creación de emprego por conta allea.

 

PARA QUEN?

Dirixido ás persoas que teñan unha iniciativa empresarial para crear unha empresa.

 

CANDO?

O servizo de asesoramento a persoas emprendedoras do Concello de Redondela está en funcionamento todo o ano.

 

ONDE?

Actualmente desenvolvemos o noso traballo na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño, s/n).

 

CONTACTO

TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal |  per@redondela.gal
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.

Bolsa Municipal de Emprego

QUÉ É?

É un servizo municipal, público e gratuíto,  de busca activa de emprego.

Consiste en informar sobre as posibles ofertas de traballo, orientar na busca de emprego e facer un seguimento individualizado das persoas usuarias da bolsa.

QUÉ SERVIZOS OFRECE?

  • Rexistro das persoas demandantes na bolsa de emprego, despois de manter unha entrevista personalizada na que se detecten as súas condicións de ocupabilidade.
  • Información sobre a situación do mercado laboral na comarca.
  • Información sobre cursos e bolsas que se adapten ás características persoais da persoa demandante de emprego.
  • Recollida  das ofertas de emprego publicadas nos distintos medios: prensa escrita, internet, etc., así como os requerimentos de perfís profesionais das empresas colaboradoras, etc.
  • Axuda para a elaboración ou modificación do seu currículo.
  • Mediación entre a oferta e a demanda.

 

PARA QUEN?
Dirixido ás persoas que buscan emprego.

CANDO?
A bolsa de emprego de Redondela estará funcionando en breve. Se queres podes vir a deixarnos o teu currículum vítae ás nosas instalacións.

ONDE ESTAMOS
Actualmente prestamos os nosos servicios na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL, situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño s/n).

CONTACTO
TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal |  per@redondela.gal
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.

Plan Municipal de Emprego

QUE É?

É un servizo municipal, público e gratuíto que pon en marcha a Concellería de Desenvolvemento Local do Concello de Redondela, en colaboración coa Asociación de Empresarios de Redondela e subvencionado en parte pola Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia.

Consiste na selección dun grupo de persoas desempregadas que participarán de forma activa nun proceso de capacitación e busca do seu propio emprego.

O Plan Integral de Emprego, a través de deiferentes medidas, promove a estabilidade laboral no traballo e a inserción destas persoas desempregadas do municipio no mercado laboral.

Para este labor diferentes áreas traballan dunha forma coordinada e integral.

QUE SERVIZOS OFRECE?

A.- Para as persoas desempregadas:

Orientación laboral ás persoas usuarias:

–    Atención personalizada das persoas usuarias.
–    Elaboración da diagnose de ocupabilidade.
–    Deseño de itinerarios personalizados de inserción.
–    Accións grupais de desenvolvemento persoal, novas tecnoloxías da información e comunicación, formación para o emprego e técnicas activas de busca de emprego.
–    Asesoramento e apoio na busca activa de emprego por conta propia e por conta allea
–    Inserción laboral orientada ás empresas do noso contorno.
–    Coñecemento das necesidades de persoal do tecido empresarial.
–    Axustar a formación  das persoas participantes no PER ás necesidades das empresas.
–    Creación dunha rede estable de interrelación entre o concello e as empresas.

B.- Para as empresas:

–    Preselección de persoas candidatas para ofertas de emprego.
–    Formación específica: accións de formación a medida, negociada directamente coas empresas e financiada polo Plan Integral de Emprego, sempre que exista un compromiso de contratación.
–    Prácticas formativas: disposición de persoas axustadas ao perfil demandado para a realización de prácticas non laborais na propia empresa, coa posibilidade de que se integren laboralmente.
–    Información e asesoramento: apoio e información sobre as subvencións e incentivos á contratación, e de todas as medidas de fomento de emprego.

PARA QUEN?

Este plan oriéntase a un grupo de persoas desempregadas que estean dispostas a implicarse dunha forma activa nun proceso de capacitación e busca de emprego.

CANDO?

O Plan Integral de Emprego púxose en marcha no mes de outubro de 2011 e está en funcionamento todo o ano.

ONDE?
Actualmente desenvolvemos o noso traballo na CONCELLERÍA DE DESENVOLVEMENTO LOCAL,  situada no Paseo do Pexegueiro, núm. 6 (antiga Avda. de Mendiño s/n).

 

CONTACTO

TELF: 986 402664
Correo electrónico: aedl@redondela.gal | per@redondela.gal
Horario: de luns a venres, de 09:00 a 14:00 h.

Fecha de última actualización de esta sección: Martes 19 de Marzo de 2019
Fecha de última actualización del portal: Martes 19 de Marzo de 2019